A chegada do AVE e a construcción da nova estación intermodal supón unha das obras máis importantes de Santiago en dez ou vinte anos que transformará e mellorará a mobilidade da cidade. Esta infraestrutura traerá a recuperación das conexións, melloras para os peóns e para o tráfico e podería reducir a presión do automóbil sobre a cidade, modificando os tempos de percorrido dos transeúntes.
O proxecto da estación intermodal será unha gran oportunidade para modernizar a cidade, a porta de entrada ao futuro cun cambio na mobilidade, e tamén unha gran ocasión para que os cidadáns e cidadás fagan uso do seu dereito a opinar e a participar das decisións relacionadas coa construcción da cidade. Unha cidade que é o fogar de todos e que precisa de todos para que os cambios que se aveciñan sirvan para construir a mellor Compostela posible.
Con este blog a delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia pretende ofrecer un espacio de expresión e debate no que se compartan ideas e opinións. Se Compostela tamén é o teu fogar, participa!
