O segundo ponente do Foro de debate sobre a Transformación da cidade foi Juan Requejo Liberal que falou, de novo, sobre o tráfico e a cidade, e alertou sobre certos cambios que poderían producirse en Compostela coa chegada do AVE. Neste caso non se trata de cambios estrictamente urbanísticos senon de modificacións máis globais. Segundo o xeógrafo andaluz, Santiago ten a virtude de non ter experimentado unha modernidade desgarradora, como ten sucedido noutras capitais, o que se traduce nunha boa posición ante os retos futuros da cidade. Pero coa chegada do AVE, di Requejo, aparecerán os fluxos máis depravados do sistema, as visitas masificadas e o consumo vacuo, Compostela debe afrontar os novos retos sen ceder ás presións consumistas e banalizadoras.
Que cambios credes que podería traer a chegada masiva de visitantes? Como deberían xestionarse?