Fuentes web
Entradas
Comentarios

a_cidade_consumidaO segundo ponente do Foro de debate sobre a Transformación da cidade foi Juan Requejo Liberal que falou, de novo, sobre o tráfico e a cidade, e alertou sobre certos cambios que poderían producirse en Compostela coa chegada do AVE. Neste caso non se trata de cambios estrictamente urbanísticos senon de modificacións máis globais. Segundo o xeógrafo andaluz, Santiago ten a virtude de non ter experimentado unha modernidade desgarradora, como ten sucedido noutras capitais, o que se traduce nunha boa posición ante os retos futuros da cidade. Pero coa chegada do AVE, di Requejo, aparecerán os fluxos máis depravados do sistema, as visitas masificadas e o consumo vacuo, Compostela debe afrontar os novos retos sen ceder ás presións consumistas e banalizadoras.

Que cambios credes que podería traer a chegada masiva de visitantes? Como deberían xestionarse?

ecosistemacompostelaA arquitecta Belinda Tato estivo recentemente en Compostela para dar unha charla no Foro de debate sobre a Transformación da cidade. O seu estudio, Ecosistemaurbano, está especializado en proxectos pensados para mellorar o entorno, creando espacios para vivir en comunidade e é coñecido por ter levado a cabo accións de baixo coste para mellorar espacios públicos en puntos clave de algunhas cidades. A súa experiencia demostra que con ganas e sentido común é posible mellorar notablemente a vida da xente.

Usar a rúa

Ao final da charla, algúns dos asistente preguntaron a Belinda en que cre ela que debería enfocar Compostela os seus esforzos. A arquitecta falou de manter a autenticidade da cidade, preservando o pequeno comercio, que axuda a crear esa vida en comunidade, e preservando os espacios propios dos cidadáns, os que os cidadáns utilizan. En ocasións o turismo e as grandes empresas poden devorar un barrio ou unha cidade. Belinda puxo como exemplo o barrio madrileño de Fuencarral, no que se instalaron todas a grandes empresas de moda, actualmente os veciños non poden facer vida no seu barrio porque non hai nin onde mercar o pan, sen embargo grandes fluxos de persoas alleas ao barrio enchen as rúas cada día para facer compras. Credes que algo así podería pasar en Compostela? En que barrios?

Mobilizarse

Outro dos temas que tocou Belinda en relación con Compostela é o da mobilidade, a arquitecta pensa que debería reducirse a presencia do coche na cidade. Para ela, a reducción da presencia do coche e a existencia de espacios públicos adecuados para que a xente faga vida na rúa son primordiais para a calidade de vida dos habitantes dunha cidade. Que pensades vos? Debería facilitarse o transporte en coche? E o uso de outros medios de transporte?

A creación da nova estación traerá consigo modificacións na rúa do Hórreo, Avenida de Lugo, vial Sar – Pontepedriña, e o Ensanche, Que melloras se poderían facer nesas zonas?

Ábrese o debate

A túa cidade tamén é o teu fogar

A chegada do AVE e a construcción da nova estación intermodal supón unha das obras máis importantes de Santiago en dez ou vinte anos que transformará e mellorará a mobilidade da cidade. Esta infraestrutura traerá a recuperación das conexións, melloras para os peóns e para o tráfico e podería reducir a presión do automóbil sobre a cidade, modificando os tempos de percorrido dos transeúntes.

O proxecto da estación intermodal será unha gran oportunidade para modernizar a cidade, a porta de entrada ao futuro cun cambio na mobilidade, e tamén unha gran ocasión para que os cidadáns e cidadás fagan uso do seu dereito a opinar e a participar das decisións relacionadas coa construcción da cidade. Unha cidade que é o fogar de todos e que precisa de todos para que os cambios que se aveciñan sirvan para construir a mellor Compostela posible.

Con este blog a delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia  pretende ofrecer un espacio de expresión e debate no que se compartan ideas e opinións.  Se Compostela tamén é o teu fogar, participa!

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.